[Ángel Amaro]
Na Galiza hai 3.792 parroquias civís dispersadas por todo o territorio nacional convertindo a iste país nun pobo único en termos antropolóxicos e demográficos. Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE, 2014) “o 49% das entidades singulares e o 76,7% das parroquias do Estado español pertencen a Galiza”. Aínda as estatísticas rebelan que a nosa impronta no territorio está marcada pola cultura da dispersión demográfica, o achegamento á terra en pequenos núcleos e a existencia numantina dunha forte ligazón cos entornos máis inmediatos que se nega a esmorecer.
Na Galiza hai 3.792 parroquias civís dispersadas por todo o territorio nacional convertindo a iste país nun pobo único en termos antropolóxicos e demográficos. Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE, 2014) “o 49% das entidades singulares e o 76,7% das parroquias do Estado español pertencen a Galiza”. Aínda as estatísticas rebelan que a nosa impronta no territorio está marcada pola cultura da dispersión demográfica, o achegamento á terra en pequenos núcleos e a existencia numantina dunha forte ligazón cos entornos máis inmediatos que se nega a esmorecer.
E
é que o pobo galego ben sabe aínda a simboloxía e identitarismo
que rodea ao movemento mancomuneiro, a defensa dos bens parroquiais e
todo o que rodea a vida e cotianidade dentro das aldeas tecidas polo
simbolismo do parroquialismo. Máis alá da funcionalidade
administrativa eclesiástica que supón o feito da existencia de tal
ou cal parroquia; o pobo desbordou tódolos significados apriorísticos
fai centos de anos na súa dimensión relixiosa e reapropiouse da
existencia das parroquias; redimensionounas con sabor de terra,
acción colectiva e sentir de solidariedade entre aldeas. Milleiros
de veciñas asumen a existencia da súa parroquia dende unha óptica
laica, centrándose na necesidade de habitar en torno a pequenas
unidades administrativas achegadas a máis pequena esfera do local.
Se as parroquias non existiran, o pobo veríase obrigado a inventar
algo parecido. Xa que dende o seú nacemento no 569 d.c. sempre
estiveron desbordadas pola acción popular e social da veciñanza.
Nunca deixaron de ser institucións que naceron misturadas con
matices priscilianistas, con veciñas nunca escravas e asentadas en
aldeas sempre rebeldes.
Por
moito que o éxodo rural, as políticas austericidas e a lóxica
urbanita queiran sentenciar de morte unha forma de vida milenaria,
son moitas as galegas que se negan a enterrar o modo de vida
decrecentista e do ben común que supón o feito de asentarse en
pequenos núcleos. Máis alá da lóxica das grandes urbes estamos
ante unha forma de entender as vivencias e a cotianidade en clave
local. Feito que posibilita o plantexarse a opción de participar en
asembleas comuneiras pra xestionar montes parroquias, negarse a ser
asimiladas por estilos de vida consumistas ou traballar pola memoria
e o patrimonio inmaterial dende a célula máis pequena da nazón: 'o
lugar' (pequeno núcleo de poboación no que se divide unha
parroquia). Milleiros de galegas séntense fortemente vinculadas aos
lugares e parroquias. Ben por lazos familiares ou afectivos; ben por
vínculos culturais ou agrícolas. Pois ben. O feito de evitar o
etnocidio rural refortalece os alicerces da nosa economía
diversificada, cultura propia e cosmovisión compartida. Está na mau
de todas o poder evitar o colapso no rural e a extinción das nosas
bases materiais e inmateriais.
¿É
posíbel conxugar un futuro éxodo urbano cunha recuperación
renovada do feito parroquial? ¿Pór en valor a figura da parroquia é
menos laico que faguer fincapé na dimensión administrativa do
concello ou comarca? Máis alá da dimensión católica que teñen
estas entidades colectivas; os feminismos deben faguer fincapé na
visibilización de vidas, historias e praxis existentes en milleiros
de aldeas de todo o país. Xa que antes de que nacera o feminismo
occidental xa había labregas nas Revoltas Irmandiñas, mariñeiras
con vidas non asimilábeis polo sistema ou gandeiras aliadas entre sí
pra resistir nos peores dos panoramas. Non esquezamos que o primeiro
matrimonio entre persoas do mesmo sexo tivo lugar en Rairiz da Veiga
(Ourense) no ano 1061.
Neste
sentido o ecofeminismo é unha praxe sociopolítica que conxuga
claramente de forma horizontal a dimensión afectivo-sexual, nacional
e ecolóxica para ubicalas ao memos tempo no centro da acción
municipal. Non haberá futuro nos lugares e aldeas do país se non
hai feminismo; pero tampouco haberá igualdade real en clave local si
se expande o etnocidio, un xeito colonizador de habitar o territorio
e un individualismo urbanita que dé as costas a ruralidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario