Páginas

Bio

[Ángel Amaro, Ourense]



En 2009 licencieime en Socioloxía mentres compaxinaba activismo feminista e LGTBIQ na Universidade de Alacante (UA). Organicei seminarios, palestras e participei activamente en congresos temáticos sobre cuestións relativas á igualdade afectivo-sexual e a socioloxía de xénero. Até o 2012 dinamicei -como membro de varias ONGs- case un cento de obradoiros sobre educación en valores e coeducación por toda a provincia de Alacante.
En 2010 entro a formar parte do Instituto Interuniversitario de Desenrolo Social e Paz (IUDESP) por unha tempada de catro anos; ao mesmo tempo, entro a formar parte do equipo directivo do Instituto Universitario de Investigación de Estudos de Xénero (IUIEX) da Universidade de Alacante. No ano 2011 rematei un 'Máster de Investigación Educativa' e no 2014 finalicei un Postgrado en 'Experto en Infancia e Xuventude en Risco Social'.

Na actualidade son tallerista, investigador social e coeducador. Entendendo o contexto que me rodea como o espazo inmediato no cal incidir de xeito transvesal e emancipador. Neste sentido non entendo a loita feminista sen a loita ecoloxista, a loita ecoloxista sen a loita por un rural vivo, etc. A trenza infinita da solidariedade. Como sociólogo feminista estou especializado na xestión da diversidade na aula, novas masculinidades e a prevención do acoso escolar (en tódalas súas formas). Especial interese teño pola prevención das Violencias Basadas no Xénero (VBX). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario