Páginas

Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de febreiro de 2018

Mesa redonda "Os ventres de alugueiro: mercantilización neoliberal do corpo das mulleres"

O vindeiro martes 27 de febreiro terei a honra de participar nunha mesa redonda centrada na cuestión dos ventres de alugueiro. O coloquio será ás 11h e terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Pola miña banda centrareime en como esta axenda foi monopolizando pouco a pouco o debate das entidades LGBT, como está a afectar esta cuestión ao movemento LGBT e, sobretodo, cales son as consecuencias internas e externas para o futuro inmediato do tecido asociativo. Sen dúbida, estamos ante unha chea de interrogantes que nós, activistas sexodiversas, temos que afrontar dende xa. O coloquio promete. Difunde e participa.



Crónica da xornada en Diario da Universidade de Vigo






martes, 6 de xuño de 2017

O Sindicato Labrego Galego lanza o seu I Foro LGTBI

O vindeiro sábado 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego organiza na Casa da Aldea de Curiscada (Arzúa) o I Foro LGTBI para formármonos, coñecérmonos e debatir sobre a situación actual da diversidade afectivo-sexual e a comunidade LGTBI nos entornos rurais, as organizacións campesiñas e o activismo labrego, agroecolóxico, etc. Neste sentido o pasado luns día 12 presentouse a xornada en rolda de prensa no local nacional do sindicato.

Durante todo o día partillaremos un espazo de encontro para profundizar nos seguintes obxectivos:
  • Socializar a idea de que o rural é diverso xa que no rural sempre houbo diversidade afectivo-sexual.
  • Visibilizar as posibilidades e potencialidades que ten o rural para xerar alianzas e espazos de creación colectiva. Que é iso da agrosexualidade? Por qué é precisa unha axenda agrosexual?
  • Desurbanizar a axenda LGTBI e deconstruir a ruralfobia latente dentro e fora do movemento LGTBI. Hai diversidade máis alá das cidades.
  • Tecer alianzas estratéxicas entre sindicatos agrarios, colectivos LGTBI e organizacións campesiñas, activistas neorrurais, etc. Por un movemento campesiño sexodisidente e non heteronormativo.
  • Achegar a agroecoloxía, o movemento labrego e o ecoloxismo á axenda LGTBI. Afondar na construción dun movemento sexodiverso vinculado ao medioambiente.




Para incribirse neste I Foro LGTBI é preciso cubrir o seguinte formulario. Ademais, para calquera dúbida ou aclaración pódese consultar ao correo rural.lgtbi@gmail.com ou ao teléfono do local nacional do SLG 981-554-147   

luns, 31 de outubro de 2016

Presentación do fanzine 'Galiza Nación Cuir' en Vigo



No seguinte álbum podedes atopar algunhas fotos da tertulia-coloquio. Ademais, non esquezades buscar máis información sobre a programación de Nós Mesmas na súa páxina web





mércores, 22 de xuño de 2016

Xornadas da Diversidade en #Ourense



Martes 21
A partir das 11h
Mural participativo “Sempre Orgulhosas”. Muro do rianxo (baixo da praza de Abastos).

Sábado 25
A noite
Proxección de imaxes “Historia internacional da loita queer”. Fachada norte da Catedral de Ourense.

Luns 27
12h
Ofrenda floral na tumba de Eduardo Blanco Amor e lectura de texto-homenaxe. Cemiterio de San Francisco (Ourense)

19h
Acción Urban Knitting “As Irmandades da Fala en femenino”. Inicíase o percorrido na escultura de Eduardo Blanco Amor na praza Bispo Cesáreo.

Martes 28
20.30h
Roteiro da Esmorga “A invisibilidade da diversidade afectiva na obra de Blanco Amor”.

22h, no Local Social A Galleira
Concerto de Gabi Reboredo, DJ e festa rachada.

Mércores 29
20h, no Local Social A Galleira
Palestra de Uxío Novoneyra e Antón Lopo (de. Chan de Pólvora) sobre a correspondencia entre Ramón Suárez Picallo e Eduardo Blanco Amor.

Xoves 30
20h, no Local Social A Galleira
Recital poética “Saca as túas letras do armario”.

Venres 1
20h, no Local Social A Galleira
Palestra do escritor Narciso de Gabriel sobre o 115 aniversario do casamento de Elisa e Marcela.

Luns 4
20h, no Local Social A Galleira
Videoforum-Tertulia “Sexodiversidade na Turquía e Curdistán”. Dinamizar a Marcha Mundial das Mulleres (MMM).