Pra máis info: web do concello de Tomiño
Amosando publicacións coa etiqueta Palestras b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Palestras b>. Amosar todas as publicacións
luns, 24 de xuño de 2019
xoves, 20 de xuño de 2019
xoves, 29 de xuño de 2017
Palestra sobre agrosexualidades en Carral
"Que é iso das agrosexualidades? Son as cidades o paraíso LGTBI e o rural un espazo hostil e de represión sexual? Existe un movemento LGTBI no rural? Que aporta incluir a perspectiva LGTBI no enfoque das neorruralidades? De todo isto e moito máis debatiremos neste faladoiro co obxectivo de rachar co relato monolítico existente sobre o rural. Un sinfín de estereotipos e prexuízos que acrecentan a ruralfobia e a desconexión entre movementos sociais diferentes que arelamos un rural vivo, diverso e con futuro".
Non faltedes!
Máis información nas redes sociais da AEC Lacrar
domingo, 28 de maio de 2017
mércores, 4 de novembro de 2015
#EncontroRural da Rede ReVOLTA de investigación en Agroecoloxía e Historia
A
continuación adxunto o vídeo onde se pode visualizar a miña
palestra na 'Mesa de Subxectividades'. Localizábel entre o comezo
até o minuto 5. Existindo unha resposta no posterior debate entre os
minutos 1:16h e 1:19h.
sábado, 19 de setembro de 2015
Palestra 'Agrosexualidades: a diversidade afectivo-sexual nos entornos rurais'
O vindeiro venres 16 de outubro impartirei unha palestra ás 19.30h no local social da Asociación Cultural A Galleira sobre as cuestións afectivos, sexuais e amatorias no ámbito rural.
Falarase sobre cales son os mitos e prexuízos que se espallan dende a publicidade e o canon heteropatriarcal; cómo se manifestan certos estigmas que se manteñen dende determinadas ópticas LGTB urbanitas; e de que xeito se poden artellar alianzas de emancipación colectiva, comunitaria e sobre todo, en clave LGTBIQ.
Soberanía, alianzas e proxectos identitarios daranse a mau nesta palestra que pretende pór acento na necesidade do encontro, a reformulación e a creación de novas propostas emancipatorias pra tódolos corpos, sexualidades, afectividades, amatorias...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





