Páginas

Amosando publicacións coa etiqueta Materiais propios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Materiais propios. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de novembro de 2015

mércores, 12 de agosto de 2015

#DiásporasRurais

Cando falamos de diásporas afectivo-sexuais non sempre nos estamos a referir a 'desprazamentos e dispersións físicas' propiciadas pola existencia de LGTBfobia. Moita xente experimenta un exilio interno, non tanto un exilio externo. Hai múltiples realidades complexas e identidades fragmentadas a medio camiño entre o rural e o urbano. Pode haber mocidade LGTBI residente no rural que só é visíbel en entornos urbanos ao chegar o fin de semana; maiores LGTBI que viven dobles vidas; persoas LGTBI visíbeis no rural desarraigad*s por múliples motivos noutos eidos identitarios.

O sociólogo portorriqueño Manolo Guzmán aló polo ano 1997 acuñou o termo 'sexilio' pra referirse a: "o exilio de quenes tiveron que irse dos seus países de orixe por causa da súa orientación sexual". Pero claro, ¿isto quere decir que toda a xente que sufre LGTBfobia abandona o seu hábitat? ¿Tódalas persoas LGTBI que vivencian situacións LGTBfóbicas no rural experimentan exilios externos? Non. Todo o contrario. As veces o arraigo familiar ou cultural pesa moito, outras veces a resiliencia identitaria xenera estratexias excepcionais de resistencia LGTBIQ. Depende. O rural é moi diverso, e as persoas LGTBI que teñen vinculación con il tamén. Xeralmente -como se comentou antes- danse diversas situacións de 'exilio interno' (máis alá do proceso común de armarización). Procesos de introspección de diversa índole que están invisibilizados nos medios de comunicación e, moitas veces, pola axenda socio-política do movemento LGTBIQ que en ocasións é demasiado urbanita.

domingo, 9 de agosto de 2015

#EASnoRural

A continuación adxunto 3 plantillas (descargábeis en formato JPG) que tratan de esclarecer -humildemente- de que xeito se podería abordar a educación afectivo-sexual (EAS) nos entornos rurais. Estamos ante un reto complexo, multipolar e pouco analizado e sistematizado -tanto polo eido académico como polo activista-. 

En xeral téndese a pensar que a coeducación só é posíbel e viábel no eido da ensinanza formal, institucional, urbanita, e por tanto, non rural. Nada máis lexos da realidade. O certo é que a coeducación -lonxe de ser un estilo educativo cousificábel- tende a ser un conxunto de boas prácticas, propostas socio-pedagóxicas, utopías, procesos, acumulación de saberes, etc. Neste sentido, ao grande paraugas coeducativo non ten que afondar -aínda máis- brecha 'rural/urbano', senón todo o contrario. Pra poder contar con aldeas antipatriarcais precisamos de mil propostas coeudativas novidosas, con sabor a terra e cos ollos postos na necesidade de desurbanizar as pedagoxías feministas.