O
vindeiro martes 14 de xullo dinamizarei un Obradoiro sobre a
prevención do bullying
LGTBfóbico na Casa
da Cultura do Concello
de Barbadás. Será de 19h á 22h. Esta actividade está
diseñada como obradoiro-videofórum e orientado principalmente pra
mocidade da vila, profesorado, expertas/os en educación,
dinamizadoras/es locais e xestoras/es públicos. Mais, obviamente, é
unha iniciativa sociopedagóxica que está aberta a participación de
toda aquela veciñanza que teña interese en profundizar na realidade
afectivo-sexual e abordar de maneira grupal e colaborativa diversas
problemáticas xeradas en torno ao fenómeno escolar do 'bullying
LGTBfóbico'.
Os obxectivos diste Obradoiro son os seguintes:
- Entender as diferencias entre orientación sexual, identidade de xénero, diversidade amatoria e expresións de xénero.
- Traballar en grupos en torno as barreiras e situacións que vivencian a mocidade LGTBI nos entornos escolares (faguendo fincapé na realidade rural).
- Comprender o significado da palabra cisexismo e ligalo ao de plumofobia. ¿Qué pasa coas masculinidades hexemónicas? ¿Qué significado teñen as novas masculinidades neste novo esceario?
- Fomentar actitudes empáticas e de apoio mutuo perante a proliferación de situacións de discriminación por motivos de orientación sexual ou identidade de xénero.
- Analizar como a LGTBfobia limita a resiliencia, precariza procesos vitais e fomenta actitudes suicidas entre a mocidade LGTBI.
- Abordar o proceso e factores resilientes, o rol da autoestima na construcción do autoconcepto e cuestións relativas a victimización, vulnerabilización, etc.
A entrada é de balde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario