A sesión na que participei de xeito activo deu comezo ás 12.20h e rematou ás 14.30h. Nestas dúas horas intensas de debate, encontro e reflexión (intragrupal e asamblear) púxose sobre a mesa unha diagnose xeral da situación actual dos entornos rurais en relación á diversidade afectivo-sexual. Sairon moitos máis temas vinculados á construcción dun hábitat rural propicio e aliado das identidades LGTBIQ+. Non se nuclearizou a xornada en torno a posturas victimizadoras, paternalistas ou ruralfóbicas; o ambiente xerado pretendía ir máis aló e non abordar a cuestión afectivo-sexual no rural dende un plano estigmantizante de "homofobia rural", "mundo rural", etc. Neste sentido falouse de patrimonio inmaterial, alianzas campo-cidade, memoria histórica, soberanía alimentar, xestión comunal, socialización interxeracional, micropolíticas que afondan no apego e os afectos, troco, benestar comunitario, etc.
Houbo
dúas sesións de traballo intragrupal. Na primeira delas
conformáronse 5 grupos pra abordar 5 termos específicos:
salvagardar, despatriarcalizar, incidir, decolonizar e propiciar.
Cada grupo tiña que reflexionar
sobre “O qué, con quen, por qué e as finalidades a ter en conta”.
1. Primeira parte: "Accións sociopolíticas dende e para o rural"
Este
obradoiro deu unha morea de ideas interesantes. Recollénse a continuación as ideas forza volcadas nos
materiais:
» Falouse de preservar a
cultura e a música do país.
» Fíxose fincapé na
necesidade de partillar ferramentas de traballo (oficios cooperativos, etc.)
» Recalcouse a necesidade
de loitar polo sosteñemento dos saberes mediciñais e agrícolas.
» Non esquecer o relevante que supón vivir de acorde cos
ritmos naturais.
» Manter os espazos
coletivos (de producción e troco de artesanía, gastronomía, etc.)
» Pór en valor a
arquitectura propia e adaptada á cultura e climatoloxía local.
» Traballar as relacións
interpersoais coa comunidade (relacións inter-xeracionais,
principalmente).
» Respecto polo entorno.
» Manter a división
territorial tradicional (lugares, aldeas, parroquias e comarcas).
» Reconectarnos coa realidade da
vida coa sociedade urbanita (espazos de apoio mutuo); xeración de posíbeis interrelacións económicas.
» Empoderamento das mulleres
» Lograr a igualdade real na xestión dos montes (órganos de representación, etc.)
» Un recoñecemento e valoración das prácticas agrícolas.
» Fomentar a lóxica da autoorganización dende a base e contando co apoio das autoridades locais.
» Millorar a rede de transportes de proximidade.
» Faguer fincapé na necesidade de realizar asembleas parroquiais.
» Propiciar a fondo a transmisión interxeracional.
» Avanzar nas redes de educación/información.
» Trocar necesidades, desexos, etc.
» Fomentar o artellamento de redes sociais reais de proximidade.
» Pór en valor a autoxestión.
» Millorar os procesos de construcción das identidades
» Fomentar a participación cidadá no rural pra incrementar os vínculos e compromisos.
» Obviar dinámicas alleas á realidade rural (tanto na agricultura como na xestión do local).
» Pór en valor a cultura e identidade local propia.
» Eliminar o autoodio.
» Fomentar a horizontalidade na toma de decisións (a lóxica vertical non é tan propia do rural).
» Unha integración real das persoas LGTBIQ.
"Para vivir nun país que camiñe hacia a autosustentabilidade e que sexamos capaces de recuperar a nosa autoestima como pobo", apuntan nun grupo que traballou en torno ao término 'salvagardar'.
"Que o rural sexa un espazo habitábel, sostíbel, ceibe, acolledor, reproducíbel e visíbel para as novas xeracións co fin de xerar unha memoria histórica viva", comenta nun grupo que traballou o término 'propiciar'.
2. Segunda parte: "Diagnose das diversas realidades e identidades"
- Persoas LGTBIQ+ retornadas, en proceso de retorno ou con idea de retornar.
- Persoas maiores LGTBIQ+ (viud*s, solteir*s, intern*s en centros, etc.)
- Mocidade LGTBIQ+
- Relacións afectivo-sexuais diversas / Familias homoparentais, homomarentais, monoparentais, monomarentais...
- Persoas LGTBIQ+ que habitan ocasionalmente no rural ou non (teñen vinculación afectivo/emocional ou apoian a causa agrosexual).
O resultado das
dinámicas intragrupais neste segundo obradoiro foron enriquecedoras e as ideas volcadas
xiraron case todas en torno as mesmas teses. A continuación
presento un cadro coas claves fundamentais que se presentan máis comúns nas ideas partilladas na asemblea:
| Características principais da situación actual |
-
É común o feito de ter unha ignorancia deliberada en torno ao
feito do que existe ou non existe no rural (descoñecemento
activo).
-
En ocasións as persoas LGTBIQ+ non realizan moitas propostas
edificantes pra un entorno que entender como “pouco atractivo”.
-
Existen situacións de illamento social e frustración.
-
É moi común o sentimento de desarraigo, o individualismo e a
desconexión có entorno.
-
As persoas LGTBIQ+ das clases máis baixas teñen máis
dificultades pra vivenciar as súas identidades (clasismo).
-
Aínda está moi enraizada a idea de que nas familias teñen que
existir as dúas figuras patriarcais da familia nuclear.
-
Moitas persoas LGTBIQ+ son ruralfóbicas; o que dificulta a
xeración de alternativas.
|
Expectativas
xeradas (aspiracións, proxectos, 'idealizacións',
etc.)
|
-
Froito do desapego, está moi xeralizado que non existan
expectativas (asúmese que o rural non é apto pras minorías
sexuais).
-
Moitas veces pénsase que a comunicación no rural vai ter uns
ritmos concretos e compre adaptar as inercias a outros ciclos
(desurbanizarnos).
-
Compre crear un rural activo e non musealizado (o turismo de masas
non é unha alternativa real pra un rural vivo e diverso).
-
Moitas persoas LGTBIQ+ pensan (erróneamente) que no urbano van
estar máis arroupados ou protexidos cos seus iguais.
-
Certa xente que vai ao rural muda de hábitat mais non de
mentalidade; posto que seguen con modelos a imitar arraigados en
coordenadas capitalistas e heteronormativas.
|
Posíbeis
conflictos identitarios e relacionais (adaptación,
frustración, etc.)
|
-
Existe certo medo á inadaptación (por causas non obxectivas
moitas veces).
-
Unha educación familiar que reconcilia a esfera afectivo-sexual e
a lingüística (erradicar o autoodio); incrementar o apego ao
ecosistema; educación no afecto á cultura, etc.
-
É posíbel que haxa falta de autoorganización pra respostar ás
violencias.
-
Pode exister certa frustración á hora de imitar modelos
inalcanzábeis (de consumo, de beleza, de socialización, etc.)
-
O consumismo desenfrenado que o 'capitalismo rosa' impuxo pode
supor certos conflictos identitarios á hora de optar por un
estilo de vida rural (é clave decrecer e valorar positivamente o
decrecemento).
|
Retos
a medio prazo (reivindicacións, alianzas, etc.)
|
-
A asemblea manifestou -con certa reicidencia- a necesidade de
asumir a visibilidade como un exercicio de responsabilidade cívica
ante a comunidade rural.
-
Enténdese que a educación é básica no proceso de
reconciliar/nos (terapia comunitaria), abordar o apoio e millorar
a autoestima das minorías sexuais.
-
Faguer unha diagnose sobre a situación real das persoas LGTBIQ+
no rural (necesidade de comprender qué pasa).
-
Faise fundamental traballar contra a ruralfobia dentro do
colectivo LGTBIQ+.
-
É primordial construir espazos LGTBIQ+ no rural (con ópticas,
actividades e propósitos propios; sen caer en visións
paternalistas nen victimistas).
-
Promover alianzas reais, de base e comunitarias con organizacións
feministas, sindicais, etc.
|
MATERIAIS EMPREGRADOS NO OBRADOIRO (elaboración propia)












Ningún comentario:
Publicar un comentario