Páginas

martes, 6 de xuño de 2017

O Sindicato Labrego Galego lanza o seu I Foro LGTBI

O vindeiro sábado 17 de xuño o Sindicato Labrego Galego organiza na Casa da Aldea de Curiscada (Arzúa) o I Foro LGTBI para formármonos, coñecérmonos e debatir sobre a situación actual da diversidade afectivo-sexual e a comunidade LGTBI nos entornos rurais, as organizacións campesiñas e o activismo labrego, agroecolóxico, etc. Neste sentido o pasado luns día 12 presentouse a xornada en rolda de prensa no local nacional do sindicato.

Durante todo o día partillaremos un espazo de encontro para profundizar nos seguintes obxectivos:
  • Socializar a idea de que o rural é diverso xa que no rural sempre houbo diversidade afectivo-sexual.
  • Visibilizar as posibilidades e potencialidades que ten o rural para xerar alianzas e espazos de creación colectiva. Que é iso da agrosexualidade? Por qué é precisa unha axenda agrosexual?
  • Desurbanizar a axenda LGTBI e deconstruir a ruralfobia latente dentro e fora do movemento LGTBI. Hai diversidade máis alá das cidades.
  • Tecer alianzas estratéxicas entre sindicatos agrarios, colectivos LGTBI e organizacións campesiñas, activistas neorrurais, etc. Por un movemento campesiño sexodisidente e non heteronormativo.
  • Achegar a agroecoloxía, o movemento labrego e o ecoloxismo á axenda LGTBI. Afondar na construción dun movemento sexodiverso vinculado ao medioambiente.




Para incribirse neste I Foro LGTBI é preciso cubrir o seguinte formulario. Ademais, para calquera dúbida ou aclaración pódese consultar ao correo rural.lgtbi@gmail.com ou ao teléfono do local nacional do SLG 981-554-147   

Ningún comentario:

Publicar un comentario