Estamos
máis que habituad*s a escoitar un sinfín de prexuízos, tópicos e 'lendas negras' en torno á cuestión da diversidade afectivo-sexual
nos entornos rurais. Algúns argumentos amósanse anclados na ruralfobia máis
cerril; ou adornados de aparente paternalismo sensibleiro; ou máis ben, lerias fantasexadas dende o cosmopolitismo que só se centra
en cousificar, ridiculizar ou hipersexualizar as identidades LGTBIQ+ rurais e neorrurais.
Tanto
o 'capitalismo heterosexual' como o 'capitalismo rosa' alíanse en
dúas cuestións básicas estructurais de partida: cousificar o feito rural en termos xerais. Por un lado, dende os medios de comunicación de masas e a cultura consumista divúlgase o estilo de vida urbanita (acentuado no caso LGTB); as mensaxes latentes fálannos das bondades das concentración demográficas e das desventaxas de vivir en pequenos núcleos "alle*s ás relacións interpersonais". O 'capitalismo rosa' só amosa como viábel o canon do "gai de Chueca". 'Onde pra ser ceibe, ten que exiliarse a unha grande cidade e comezar unha nova vida alleo ao seu contexto rural de orixe'. Proceso realmente castrador e limitante que moitas activistas LGTBIQ+ aplauden de xeito indirecto, por certo.
Por outra banda, diste pensamento urbanita-consumista parte o pensamento atemporal de que temos que deixarnos de analizar o pasado, a memoria e os referentes históricos. A ruralfobia non se cuestiona o
grave proceso de éxodo rural provocado e acelerado polas políticas
neoliberias. Tampouco lle saca o sono iste tema ao 'capitalismo rosa' xa que se amosa empeñado en vendernos que as identidades LGTBIQ+ son un produto de marketing dende, para e por os espazos xentrificados das urbes.
Pois ben, todo isto ten unha única finalidade e unha estratexia ben definida: o estilo de vida e hábitat que supón o
rural tén que ser silenciado e pauperizado a toda costa. Caiga quen
caiga non hai que amosar o feito rural como unha vía accesíbel e
real; velaí o proxeto urbanizador do sistema heteropatriarcal
neoliberal. Desexualizar o rural e infantilizar a múltiple diversidade afectiva e sexual que existe.
Nesta
estraña simbiosis capitalista e urbanita pódense atopar algúns dos
códigos binaristas máis estereotipados; visións estancas e amosadas como antagónicas que encorsetan e
distorsionan o feito de achegármonos á realidade das persoas
LGTBIQ+ no rural. Neste sentido paso a numerar algúns dos termos binarios nos que
se basea a ruralfobia e o pensamento cosmopolita:
1-
sen estilo/tendencia
3-
antigo/actual
4-
intimidación/anonimato
5-
atemporal/temporal
6- retraso/avance
7-
analfabeto/culto
8-
soledad/compañía
9-
armario/liberación
10-
pechado/aberto
11- arraigo/desarraigo
12- utópico/realista
O feito de entender a 'realidade LGTBIQ+' como unha categoría esencialista e pechada é algo que beneficia tanto ao pensamento heteropatriarcal como ao movemento LGTBI institucionalista. Moi lonxe están de entender as vivencias e realidades rurais dende unha óptica interseccional, ecoloxista e de xustiza social. Non se trata de asistir as minorías sexuais no rural, trátase de entender que no rural hai sexualidades diversas que teñen direito a xerar discuros e dinámicas propias.
Entendo que a falta de referentes positivos e alternativos dende o rural é unha operación deseñada e perfectamente orquestada. Cebarse na existencia dun suposto 'drama rural' non fai máis que minar a resiliencia das identidades rurais, xerar conflictos internos de intereses e expectativas; e, por suposto, afonda nunha vía alienante que desencadena na parálise emocional e nos procesos de estigmatización, revictimización, etc.
A
continuación paso a numerar sete tópicos típicos do pensamento
urbanita heteropatriarcal e homo-urbanita. Xeralmente son
progresivos e poden até solaparse:
1.
“No rural non hai persoas LGTBIQ+” (NEGACIÓN/INVISIBILIZACIÓN)
2.
“As persoas LGTBIQ+ que viven no rural padecen penurias, tormentos e episodios cheos de dor e discriminación” (MARTIRIO/CALVARIO/DRAMA EXCESIVO)
3. “É moi duro ser LGTBIQ+ no rural, é recomendábel que vaian pras cidades pero necesitan de todo o noso apoio”
(PATERNALISMO/VICTIMISMO/ÉXODO)
4.
“Pode haber algún caso illado de persoa LGTBIQ+ que viva ben; mais mudar o rural é tremendamente complexo”
(DERROTISMO/EXCEPCIONALIDADE/ATEMPORALIDADE)
5. "As persoas rurais LGTBIQ+ son simpáticas e boa xente, gustaríame ter unha amiga lesbiana rural" (LGTBfobia LIBERAL/RIDICULIZACIÓN/INFANTILIZACIÓN)
6. "O turismo rural gai está moi ben xa que é algo exótico e novidoso; como desconexión está ben" (MERCANTILIZACIÓN/COUSIFICACIÓN)
7.
“O tema LGTBIQ+ no rural dame moito morbo, estéticamente ten elementos rescatábeis e/ou esperta en mín curiosidades eróticas”
(PARODIA/HIPERSEXUALIZACIÓN)








Ningún comentario:
Publicar un comentario