Páginas

martes, 20 de febreiro de 2018

Mesa redonda "Os ventres de alugueiro: mercantilización neoliberal do corpo das mulleres"

O vindeiro martes 27 de febreiro terei a honra de participar nunha mesa redonda centrada na cuestión dos ventres de alugueiro. O coloquio será ás 11h e terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Pola miña banda centrareime en como esta axenda foi monopolizando pouco a pouco o debate das entidades LGBT, como está a afectar esta cuestión ao movemento LGBT e, sobretodo, cales son as consecuencias internas e externas para o futuro inmediato do tecido asociativo. Sen dúbida, estamos ante unha chea de interrogantes que nós, activistas sexodiversas, temos que afrontar dende xa. O coloquio promete. Difunde e participa.



Crónica da xornada en Diario da Universidade de Vigo






Ningún comentario:

Publicar un comentario